miércoles, 20 de febrero de 2019

FESTEXAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de Febreiro celébrase  o  "Día de Rosalía de Castro". Para festexar  tan importante  data, tivemos, nesta semana, un concerto no cole.  ¡¡Que ben o pasamos!! Uxía cantounos moitos poemas da nosa poeta preferida. Deixámosvos varios videos para que os vexades.








domingo, 17 de febrero de 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA

Neste trimestre estamos traballando nun novo proxecto: "Os dinosauros".  Unha das actividades que máis nos gustou foi o obradoiro de cociña. Fixemos unhas galletas con forma de dinosauros. Primeiro escribimos a receta e logo fixemos o taller. Había Diplodocus, Estegosauros, Tiranosauros...  Despois convidamos aos nosos compañeiros de 3 e 4 anos a merendar. ¡¡¡As galletas estaban ricas, ricas, ricas...!!! 





































miércoles, 6 de febrero de 2019

EXCURSIÓN AO COLEXIO CEMAR DE MONDARIZ

O venres  25 de xaneiro fumos  ver unha exposición moi orixinal:
A evolución da historia, feita con pezas de construcción de "Play Mobil ". Dende a Prehistora ata a Idade Contemporánea. Primeiro  fixemos uns xogos cooperativos no patio, merendamos no comedor, vimos a exposición e visitamos as cuadras. Gustounos todo moito e foi moi divertido cepillar aos cabalos. Aquí deixámosvos unhas fotos para que vexades  o ben que o pasamos.







































EXCURSION AL CAMPING DEL GROVE

¡¡E agora si!! chegou o último día, o máis esperado, o día da excursión, e ímonos á praia, ademáis está un día xenial e poderemos bañarnos. ...