miércoles, 29 de mayo de 2019
SEGUIMOS TRABALLANDO COAS MATEMÁTICAS ABN
Agora os nenos traballan sobre a recta numérica. Un, dous, tres...pasos adiante ou para atrás e así aprenden conceptos como: antes- despois, engadir- quitar, sumar-restar.
TRABALLAMOS CON MATEMÁTICAS ABN
Traballamos as matemáticas cunha nova metodoloxía: ABN: Algoritmos baseados nos números. Os nenos chegan ao cálculo mental dun xeito xinselo e natural, comprenden o que se fai cando se resolve un problema e fomenta notablemente a súa competencia matemática. Na seguinte actividade os nenos buscan aos veciños dos números 10, 20, 30...e os gardan na súa casiña.
domingo, 26 de mayo de 2019
TANXARINA. TÍTERECIRCUS
Asistimos ao Teatro Municipal de Tui para ver Tanxarina, unha obra con títeres moi divertida. Fumos dando un paseo acompañados dos compañeiros de 1º e 2º de primaria.
OS MAIOS
Fixemos un "Maio" moi chulo entre todos os compañeiros do cole. A nos tocounos facer colares coas flores para decoralo. Esta actividade gustounos moitísimo.
LETRAS GALEGAS 2019
As Letras Galegas deste ano están adicadas a Antón Fraguas. Para festexar esta data fixemos no cole un xogo cooperativo cos demáis compañeiros de primaria. Era un "xogo de pistas" por equipos. Tíñamos que adiviñar unhas cuestións sobre Antón Fraguas, entón dábannos unha pista para atopar un caramelo agochado polo patio e cando o atopábamos cambiábamoslo por unha peza dun puzle de Antón Fraguas. Aquí tedes unhas fotos para ver que ben o pasamos e cantas cousas aprendimos de Antón Fraguas.
viernes, 24 de mayo de 2019
X ANIVERSARIO TUI LE.
Asistimos ao décimo aniversario de Tuile, e intercambiamos uns contos cos outros Centros de Tui. Os nosos compañeiros de 1º e 2º cantaron a canción de "Rosalía Pequeñiña" e entre todos os demáis compañeiros fixemos un cartel sobre Anxo Fariña. Tamén vimos outras actuacións doutros Centros de Tui. Aquí deixámosvos unhas fotos para lembrar esta data.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
EXCURSION AL CAMPING DEL GROVE
¡¡E agora si!! chegou o último día, o máis esperado, o día da excursión, e ímonos á praia, ademáis está un día xenial e poderemos bañarnos. ...
-
¡¡E agora si!! chegou o último día, o máis esperado, o día da excursión, e ímonos á praia, ademáis está un día xenial e poderemos bañarnos. ...
-
Noa Fontán e Noa Vaz cumpren 6 años no veran. Máis como nesas datas todos estamos de vacacións, decidiron festexalo antes de rematar este ...
-
Os vampiros, princesas e algún esquío fixemos o noso cartel para o día do libro. Esperamos que vos guste! Aniversarios de out...